jueves, 30 de enero de 2014

Práctica 4- Segunda avaliación: Xestión de usuarios e permisos

Creación de grupos de usuarios
Linux e Windows son sistemas multiusos. Isto permite que varias persoas podan usar o mesmo ordenador para realizar tarefas. Ambos sistemas operativos xestionan a información asignando contas aos distintos usuarios. Dependendo do tipo de usuario, e os permisos que teña, o sistema permitelle o acceso aos recursos aos que esté autorizado.

Identificación

Para entregar nun sistema operativo multiusuario solicítase un nome de usuario (login) e un contrasinal (pasword).
Unha vez introducidos estos datos, o sistema operativo permite o acceso aos recursos que se teñan autorizados dependendo do tipo de usuario.

Inicio de sesión Windows
Inicio de sesión en Linux
Xestión de contas
  • Contas en Windows. As contas dos usuarios xestiónanse desde Contas de Usuario no panel de control. Pódense crear novas contas, modificar ou eliminar as existentes, etc.
  • Contas en Linux. Os usuarios e grupos de Linux configúranse desde as ferramentas de configuración do sistema.
Contas de usuario en Windows
Espacio de traballo
Ao espacio de traballo dun usuario chámaselle Conta de usuario. A cada conta asígnaselle un directorio específico no disco duro donde se almacena toda a información de cada usuario, seus documentos, favoritos, personalización do escritorio, etc.
Por exemplo, a conta de usuario María almacénase do seguinte modo:
Sistema operativo: Windows; Directorio: C:/Documents and Settings/maria
Sistema operativo: Linux; Directorio: /home/maria

Tipos de usuarios
Normalmente no sistema operativo existe un Administrador e o resto son Usuarios.
  • Administrador ou root. É o encargado da configuración e mantemento do sistema. Ten acceso e privilexios sobre todolos recursos. Pode instarlar ou desinstarlar programas o hardware, xestionar aos usuarios,etc.
  • Uuario. É quen utiliza o sistema operativo e ten acceso aos recursos que o administrador lle permite. Non pode cambiar a configuración nin eliminar arquivos esenciais.
  • Grupo. Os usuarios asócianse en forma de grupos para facilitar certas tarefas, como compartir recursos. Cada usuario podrá acceder aoos seus propios recursos e aos do grupo ao que pertence. Exemplos de grupos son Alumnos, Profesores, Invitados, etc.
Adxudicación de permisos en Linux
En Linux os permisos son de lectura (r), escritura (w) e execución (x). Hay que especificar cada un destes permisos para o Propietario, quen é quen crea o recurso, para o Grupo ao que pertence o propietario e para o Resto de usuarios.
Para establecer permisos:
  1. Facer clic co botón dereito do rato sobre o arquivo ou carpeta e seleccionar Propiedades
  2. Seleccionar a pestana Permisos.
Os permisos dos arquivos móstranse como unha línea de 10 letras. O significado de cada letra é o seguinte:
t; Tipo: direcctorio (d), arquivo (-)
rwx; Resto de usuarios
rwx; Grupo
rwx; Resto de usuarios
Se aparece a letra correspondente significa que o permiso está concedido, se no seu lugar aparece un guión (-) significa que está denegado.

Establecer permisos en Linux
Adxudicación de permisos en Windows
Para definir, ver, cambiar ou quitar permisos de arquivos e carpetas en Windows:
  1. Facer clic co botón dereito do rato no arquivo ou carpeta e seleccionar Propiedades.
  2. Seleccionar pestana Seguridade. Móstrase un listado de todolos grupos ou usuarios que teñen dereitos sobre o obxeto.
  3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os usuarios que non tendrán acceso, ou ben, Agregar para añadir novos usuarios.
  4. Ao seleccionar un grupo ou usuario móstrase os permisos de usuario que dispón puidéndose permitir ou denegar cada un deles.
Se na ventá Propiedades non se mostra a pestana seguridade:
  1. Facer clic no Inicio.
  2. Entrar no Panel de Control.
  3. Seleccionar Aparencia e temas.
  4. Entrar en Opcións de carpeta.
  5. Na pestana Ver, descasctivar a casilla Utilizar usos compartidos siple de arquivos, que se encontra no apartado Configuración avanzada.    Páxina web sobre o tema
Establecer permisos en Windows
Búsquedad de contas de usuario
Para buscar un conta de usuario en particular hai que abrir Usuarios e equipos de Active Directory dende o menú Ferramentas administrativas e, na barra de ferramentas, pulsar a icona Encontrar.Isto abre o cadro de dialogo Buscar Usuarios, contactos e grupos. Se se abre a lista despregable do cadro Buscar observarase que se pode utilizar esta ferramenta para buscar equipos, impresoras, carpetas compartidas, departamentos e moito máis.
Para buscar un usuario específico, hai que seleccionar o ámbito da busca no cadro En. Pódese escribir un nome, parte dun nome ou algún outro elemento descritivo que sexa parte do perfil do usuario, e pulsar Buscar agora. Unha busca con parte dun nome devolve todos os usuarios con ese elemento nos seus nomes.
Canto máis grande sexa a rede, máis especifica terá que ser a busca. Nun ámbito cunha gran rede, pódese limitar a busca a unha unidade organizativa especifica. Hai que abrir Usuarios e equipos deActive Directory dende o menú Herramientas administrativas. Hai que pulsar co botón dereito do rato na OU na que se este interesado e seleccionar Buscar no menú contextual.

jueves, 16 de enero de 2014

Práctica 2- Segunda avaliación: Creación de Redes Locais

Dispositivos de interconexión
Os dispositivos necesarios para poder interconectar todolos equipos, forman unha rede de área local, varian en función das características da rede. Os máis comúns son:
  • Tarxetas de rede. Cada un dos equipos debe ter instalada unha tarxeta de rede. As tarxetas poden ser:
          -Ethernet: Utilizan un conector RJ-45, parecido ao teléfono, que é donde irá conectado o           cable.         
          -WiFi. Son tarxetas inarámicas que permiten conectar ao ordenador a rede a                               través de ondas. Pódese utilizar a de calquer fabricante sempre que cumpra os                           estándares.
          Os portátiles, normalmente, veñen equipados con ambas.
  • Concentradores. Os concentradores son os dispositivos que conectan os cables que proceden de cada equipo. Para iso dispoñen de portos con conectores RJ-45. Os concentradores poden ser:
          -Hub. É o máis básico e se utiliza nas redes pequenas. Os datos que chegan son                       enviados a todolos equipos da rede. O ordenador do destinatario recibe a información e           o resto a omiten.
          -Switch. Realiza a mesma función que o Hub pero de forma intelixente, xa que soamente           envia os datos ao equipo destinatario.
  • Puntos de acceso.Ten a mesma función que os Hubs ou Switch, pero substituen os cables por ondas.
  • Router. É o máis avanzado que un concentrador e permite gestionar direccións IP, conectar distintas redes entre si, establecer a conexión a internet, etc. Se o router é inarámico é posible conectar direcctamente os equipos sin necesidade de concentradores ou cableados.
  • Cables de rede. Ainda que existan varios tipos, o máis utilizado en redes locais é o par trenzado. Trátase dun cable formado internamente por 8 hilos conductores que se encontran trenzados de 2 en 2 para apantallalo contra interferencias. Cando se trata de redes con requerimentos de altas velocidades recúrrese a cable e dispositivos de fibra óptica. Encarece a montaxe dunha rede pero as presentacións son moi altas.
                                                                    

    Cable de par trenzado
    Concentrador

                      
Instalación e configuración de dispositivos
A instalación e configuración dos disposivos de interconexión é moi sinxela. Algunhas nocións básicas son:
  • Tarxetas de rede. Retirar a carcasa do equipo e conectar a tarxeta nunha das ranuras de expansión disponibles. É necesario instalar os drivers da tarxeta no equipo; para iso, tendremos que seguir os pasos que facilita ao proveedor utilizando o disco de instalación.
  • Concentradores. Non requiren configuración e bastan con conectalos a corrente eléctrica para que realicen a súa función.
  • Puntos de acceso. Simplemente deben estar conectados, cun cable, ao ruter ou a outro concentrador.
  • Router. Ha de ser configurado cos parámetros do proveedor de internet. Normalmente ven configurado para comezar a funcionar. Se é inarámico e conveniente asegurarse de que a rede inarámica teñen a seguridade habilitada para impedir que outros usuarios teñan acceso.
  • Cableado. Un extremo se conecta a tarxeta de rede do equipo e o outro concentrador ou router. Hay que ter certas precaucións na súa instalación como non doblar o cable, non fixalo a parede con material que poda danalo, etc.
Router
Conexión dos compoñentes
Actualmente a maioria dos compoñentes están organizadas en torno a un punto central que interconecta os dispositivos que ha compoñen. Esta estructura coñécese como topoloxía en estrela e caracterízase por conectar todolos equipos a un conector.
Uns dos equipos desta rede pode actuar como servidor de impresión, servidor de correo, etc.
Para que a rede teña conexión a internet, soamente hai que conectar o concentrador a un router conectado a internet. Isto  convirte esta rede de área local nunha intranet.
Para crear subredes ou ampliar a rede e posible conectar concentradores entre si utilizando un porto especial que dispón para iso.
                                                                 
Topoloxía en estrela
Redes mixtas
É posible conectar unha rede mixta con equipos cableados e equipos inarámicos. Para iso utilízase un punto de acceso inarámico. Este punto permite conectar ambos tipos de redes. É moi util para conectar un portátil ou equipo alonxado a unha rede cableada.

                                                                      
Redes mixtas
                                                       
Para que configurar unha rede de área local?
Cando ten varios equipos, pode ser conveniente conectalos entre si para crear unha rede de área local (LAN). A diferenza do que a xente cree, o custo por configurar unha rede con estas características é moi reducido.
As seguintes son algunhas das vantaxes que brinda unha LAN:
  • Transferencia de arquivos;
  • Recursos compartidos (conexión a Internet, impresoras, discos compartidos, etc.);
  • Mobilidade (no caso dunha rede inarámica);
  • Diálogo interactivo (principalmente cando os equipos están conectados en forma remota);
  • Xogos en rede.
Dous tipos de rede de área local
Existen dúas clases principais de arquitectura de rede local:
  • As redes conectadas, baseadas na tecnoloxía Ethernet, que representan á maioría das conexións locais. Moitas veces denomínallas redes RJ45 xa que, polo xeral, as redes Ethernet usan cables RJ45;
  • As redes inarámicas, que xeralmente usan a tecnoloxía WiFi,correponden a este tipo.

viernes, 10 de enero de 2014

Práctica 1- Segunda avaliación: Redes informáticas

Qué é unha rede-
Unha rede é un conxunto de ordenadores conectados entre si, que poden compartir datos (imaxes, documentos, etc.) e recursos (disco duro, unha impresora, etc.).
A rede máis simple consta de dous ordenadores e a súa complexidade pode aumentar ata conectar miles de ordenadores de todo o mundo, tal como sucede coa rede internet.

Tipos de redes-
As redes informáticas poden clasificarse de acordo con varios parámetros:
  • Según a sua área de cobertura:Redes de Área Local (LAN, Local Area Networks). Son redes de pequena extensión (red dunha universidade, unha casa, un edificio, etc.)
  • Redes de Área Extensa (WAN, Wide Area Networks). Estas redes interconectan equipos xeográficamente máis dispersos (unha cidade, un país ou incluso distintos continentes).
Según o seu nivel de acceso ou privacidade:
  • Internet: É unha rede mundial de redes de ordenadores. Caracterízase por ser de acceso público e permite aos seus usuarios comunicarse e compartir información e servizos en todo o mundo.
  • Intranet: É unha rede local que utiliza ferramentas de internet (web, correo electrónico, etc.). Pódese considerar como unha internet privada que forma dentro da mesma institución.
  • Extranet: É unha rede privada virtual resultante da interconexión de dous ou máis intranets utilizando para iso internet como medio de comunicación.
  • Rede de área persoal ou PAN (persoal area network). É unha rede conformada por unha pequena cantidade de equipos, establecidos a unha curta distancia un doutro. Esta configuración permite que a comunicación que se estableza sexa rápida e efectiva.
  • Rede de área metropolitana ou MAN (metropolitan area network). Esta alcanza unha área xeográfica equivalente a un municipio. Caracterízase por utilizar unha tecnoloxía análoga ás redes LAN, e baséase na utilización de dous buses de carácter unidireccional, independentes entre si no que se refire á transmisión de datos.
  • Rede de área local inarámica ou WLAN(Wireless Local Area Network). É un sistema de transmisión de información de forma inarámica, é dicir, por medio de satélites, microondas, etc. Nace a partir da creación e posterior desenvolvemento dos dispositivos móbiles e os equipos portátiles, e significan unha alternativa á conexión de equipos a través de cableado.
Equipos nunha rede-
Nas redes, en particular as redes locais, solen diferenciarse:
  • O servidor: É un ordenador que proporciona recursos compartidos e servizos aos usuarios dunha rede. Os servizos poden ser de web, correo electrónico, etc.
  • Os clientes: Son o resto dos equipos conectados a rede. Normalmente estos equipos traballan de forma automática accedendo a rede para intercambiar información ou utilizar os servizos e recursos que ofrece o servidor.
Redes Wlan-
Un tipo de rede de área local bastante extendidas son as Redes de Área Local Inarámicas ou WLAN, Wireless Local Area Networks. Estas redes permiten aos usuarios acceder a información e recursos sen necesidade de estar físicamente conectados nun determinado lugar.

Recursos compartidos-
Un recurso compartido é calquer dispositivo, conxunto de datos ou programa que pode compartirse nunha rede. Poden ser recursos compartidos os arquivos, as carpetas, unha base de datos, o disco duro, unha impresora, un lector DVD, ect.

Conceptos básicos sobre o redes-
Cando se traballa con redes é necesario coñecer unha serie de conceptos que son básicos para a súa montaxe, configuración e posterior uso. Algúns deles son:
  • A comunicación é un proceso que involucra a un emisor, a unha mensaxe que será transmitida a través dun canal e a un receptor. Nunha rede, os ordenadores son emisores e receptores ao mesmo tempo. O canal é o medio polo que circula os datos: ondas, cables, etc.
  • Protocolo. Para que o emisor e o receptor podan entenderse entre si é necesario que utilicen unha mesma linguaxe. En informática, esta linguaxe e conxunto de regras que se lle chama protocolo. O protocolo mais utilizado e o que se emprega en internet e se chama TCP/IP.
  • Dirección IP. É a dirección de rede do ordenador. Cada un dos ordenadores que forman parte da rede se identifican por un número denominado a dirección IP. A dirección IP está formado por 4 números separados por un punto, cada un dos cales pode tomar valores entre 0 e 255.
  • Mácara de rede. Número similar a dirección IP, que determina que parte da dirección IP especifica ao equipo e que parte da subrede a que pertence. Utilízase para crear subredes.
  • Grupo de traballo. Os equipos agrúpanse en subredes para facilitar o seu uso. Para que os equipos dunha rede se podan conectar entre si han de estar no mesmo grupo de traballo.
  • Porta de enlace ou Gateway. É a dirección IP a través da cal se sae da rede local hacia ao exterior, xa sexa rede ou internet. Soe ser a IP  do ruter.
  • Dns, sistema de nomes por domicilio. As direccións IP son difíciles de recordar polos usuarios. Por elo utilízase o DNS que asocia as direccións IP a un conxunto de palabras mais faciles de recordar.                                             
          Páxina web relacionada sobre o tema.