martes, 22 de abril de 2014

2- Grabación de son


    • Dixitalización do son
    Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter o sinal analóxico dos sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización do son. E este proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xerar sons para que se oian mediante uns altofalantes, cascos musicais...
    A dixitalización dun son supón tomar mostra do sinal sonoro (mostraxe) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a intensidade do sinal analóxico (l). Cantas máis veces mídase o sinal sonoro por segundo (frecuencia de mostraxe alta), e canto maior sexa o rango para medir a intensidade (maior número de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real.
    • Formatos de son
    Cando se dixitaliza son, a información ha de ser gardada en arquivos nalgún dos formatos de audio existentes. Na seguinte táboa detállanse algúns dos formatos de audio máis utilizados.

    WAV: É o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais en forma dixital. 
    MIDINestes arquivos non se gardan sons reais, senón ordes para que un sintetizador                        musical xere a música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos de son real,                  aínda que teñen peor calidade.
    MPS: Son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan            bastante menos espazo, con pouca perda de calidade.
    OGG: Formato e audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto              que está baseado na licenza pública xeral de GNU.
    WMA: Estes son os arquivos de audio do reprodutor de Windows Media que vén incorporado             en Windows; son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a                                   particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo                           fundamental para internet.
    Real Audio: É un formato moi utilizado en internet, xa que a súa principal característica é que               se vai reproducindo a medida que se le, en tempo real.
    • Gravacións
    Música:
    Audacity é unha aplicación que permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio dende varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está dispoñible para Windows e para Linux.

    Audacity

    Voz:
    Pódese utilizar o Gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta utilidade adoita estar incluidad en todos os programas de edición de son ou video.

    Gravador de son

    Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta de son e pulsar sobre o botón Gravar para realizar a gravación.

    CD de audio:
    Para extraer a música dun CD de audio haberá que recorrer a programas específicos de extracción de audio dixital, coñecidos como ripeadores.
    En Windows, o Reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro con formato wma ou mp3.


    Redroductor de Windows Media

    En Linux, un exemplo é Sound Joicer.

    Tarxeta de son:
    1. Entrada de línea de audio. Permite introducir, ao ordenador, son dun aparato externo: unha radio, unha cadea de música...
    2. Porto MIDI/Joystick. Permite introducir son directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.
    3. Entrada de micrófono. Permite introducir son do exterior: voz, música...
    4. Saída para altofalantes ou cascos. Permite conectar eses dispositivos para escoitar os distintos sons.
    5. Saída de audio. Envía o son a un amplificador ou gravador externo.
    Tarxeta de son

    martes, 1 de abril de 2014

    Presentación meninas

    Transformación
    Resultado
    Reflectir e recortar
    Reflicte o cadro horizontalmente e recórtao ata eliminar ao pintor e o teito do cuarto.


    Reconstruír zonas borradas
    Utiliza a ferramenta de clonación para quitar o can da escena e simular o contido que habería na súa posición.


    Colorear un detalle
    Recorta o vestido da infanta Margarita e pégao nunha nova capa. Utiliza os niveis de cor para colorealo de azul.


    Centrar a atención
    Selecciona os personaxes do primeiro plano, cópiaos nunha nova capa e faina non visible. Desenfoca o fondo e volve deixar visible a primeira capa creada.


    Cambio de estilo pictórico
    Aplica algún dos filtros artísticos para converter o cadro á técnica de pintura ao óleo, ao cubismo ou ao impresionismo.


    Personalizar a obra
    Dá o teu toque artístico ao cadro modificándoo ao teu criterio, por exemplo, debuxando algún detalle, engadindo novos personaxes, cambiando cores, inserindo texto, etc.