- Dixitalización do son
A dixitalización dun son supón tomar mostra do sinal sonoro (mostraxe) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a intensidade do sinal analóxico (l). Cantas máis veces mídase o sinal sonoro por segundo (frecuencia de mostraxe alta), e canto maior sexa o rango para medir a intensidade (maior número de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real.
Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta de son e pulsar sobre o botón Gravar para realizar a gravación.- Formatos de son
WAV: É o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais en forma dixital. 
MIDI: Nestes arquivos non se gardan sons reais, senón ordes para que un sintetizador                        musical xere a música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos de son real,                  aínda que teñen peor calidade.
MPS: Son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan            bastante menos espazo, con pouca perda de calidade.
OGG: Formato e audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto              que está baseado na licenza pública xeral de GNU.
WMA: Estes son os arquivos de audio do reprodutor de Windows Media que vén incorporado             en Windows; son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a                                   particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo                           fundamental para internet.
Real Audio: É un formato moi utilizado en internet, xa que a súa principal característica é que               se vai reproducindo a medida que se le, en tempo real.
Voz:
Pódese utilizar o Gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta utilidade adoita estar incluidad en todos os programas de edición de son ou video.
- Gravacións
Música:
Audacity é unha aplicación que permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio dende varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está dispoñible para Windows e para Linux.|  | 
| Audacity | 
Voz:
Pódese utilizar o Gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta utilidade adoita estar incluidad en todos os programas de edición de son ou video.
CD de audio:
Para extraer a música dun CD de audio haberá que recorrer a programas específicos de extracción de audio dixital, coñecidos como ripeadores.En Windows, o Reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro con formato wma ou mp3.
|  | 
| Redroductor de Windows Media | 
En Linux, un exemplo é Sound Joicer.
Tarxeta de son:
- Entrada de línea de audio. Permite introducir, ao ordenador, son dun aparato externo: unha radio, unha cadea de música...
- Porto MIDI/Joystick. Permite introducir son directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.
- Entrada de micrófono. Permite introducir son do exterior: voz, música...
- Saída para altofalantes ou cascos. Permite conectar eses dispositivos para escoitar os distintos sons.
- Saída de audio. Envía o son a un amplificador ou gravador externo.
|  | 
| Tarxeta de son | 

 





